Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Mércores, 18 de agosto de 2021 Páx. 41571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 27 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2021/106-1).

Expediente: IN407A 2021/106-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBTS avenida Isaac Díaz Pardo, núm. 55, no lugar do Telleiro.

Concello: Oleiros.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 78 m, coa orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado en apoio tipo HV-15/630 existente da SAD707, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, e final no paso aéreo-subterráneo proxectado en apoio HV-15/630 existente da SAD707, despois de facer entrada e saída no CT proxectado.

– Centro de transformación subterráneo prefabricado no lugar do Telleiro, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, se é o caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía desta xefatura territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no concello. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 27 de xullo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2021/106-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBTS avenida Isaac Díaz Pardo, núm. 55, no lugar do Telleiro.

Concello: Oleiros.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Finca número: 1.

Lugar: Agrario.

Cultivo: Prado.

Propietario: cooperativa de propietarios.

Afección de solo en pleno dominio.

– CT e acceso (57 m²) + apoio e plataforma (7,84 m²). Total 64,84 m².