Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 40657

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 26 de maio de 2021.

Antecedentes:

1. Mediante a Orde do 26 de maio de 2021 (DOG núm. 110, do 11 de xuño) establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvención para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, leváronse a cabo os requirimentos de emenda daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos na convocatoria.

3. Rematado o prazo de emenda, a comisión de valoración, como órgano colexiado encargado de informar e valorar as solicitudes emitiu a proposta de resolución de acordo cos criterios establecidos no artigo 15 da convocatoria.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística é o órgano competente para instruír o procedemento administrativo e correspóndelle ao seu titular formular o informe proposta das subvencións e a súa contía que, xunto co informe da comisión, elevará á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen resolverá, por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, segundo o estipulado na disposición adicional da Orde do 9 de febreiro de 2021 (DOG núm. 31, do 16 de febreiro).

2. No artigo 18 das bases establécese que o prazo máximo para resolver a concesión de axudas non poderá exceder os cinco meses, contados a partir da publicación da orde de subvencións no Diario Oficial de Galicia (11 de xuño de 2021).

De acordo co anterior, dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta secretaría

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.50.151A.470.1 que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo. Desestimar os títulos que se relacionan no anexo II polos motivos que aparecen citados na epígrafe correspondente.

Terceiro. De conformidade co artigo 4.2.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a secretaría xeral fará públicos os datos relevantes referidos as axudas e subvencións concedidas, así como as sancións impostas aos beneficiarios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, de acordo co establecido na disposición adicional primeira da Orde do 26 de maio de 2021, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2021

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Número de expediente

Solicitante

Título

Importe

2021/0001

Xerme Edicións, S.L.

Relixión Católica. 6º Primaria. A nosa casa

4.180,00 €

2021/0002

Xerme Edicións, S.L.

Relixión Católica. 4º Primaria. A nosa casa

4.180,00 €

2021/0003

Xerme Edicións, S.L.

Lingua 5 Primaria. Máis Celme

6.778,26 €

2021/0004

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 3 Primaria

6.589,96 €

2021/0006

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 5 Primaria

5.836,83 €

2021/0008

Grupo Anaya, S.A.

Ciencias Sociais 5 Primaria

6.552,31 €

2021/0009

Grupo Anaya, S.A.

Música 3 Primaria

5.497,91 €

2021/0010

Grupo Anaya, S.A.

Música 5 Primaria

5.648,54 €

2021/0011

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lingua Galega e Literatura 3. Proxecto Zoom

6.138,08 €

2021/0012

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lingua Galega e Literatura 4. Proxecto Zoom

6.025,11 €

2021/0013

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lingua Galega e Literatura 5. Proxecto Zoom

6.175,74 €

2021/0014

Editorial Vicens Vives, S.A.

Lingua Galega e Literatura 6. Proxecto Zoom

6.326,37 €

2021/0015

Editorial Vicens Vives, S.A.

Ciencias da Natureza 3. Proxecto Zoom

3.898,00 €

2021/0016

Editorial Vicens Vives, S.A.

Ciencias da Natureza 4. Proxecto Zoom

5.287,00 €

2021/0017

Editorial Vicens Vives, S.A.

Ciencias da Natureza 5. Proxecto Zoom

4.502,00 €

2021/0018

Editorial Vicens Vives, S.A.

Ciencias da Natureza 6. Proxecto Zoom

4.742,00 €

2021/0019

Editorial Vicens Vives, S.A.

Ciencias Sociais 3. Proxecto Zoom

5.542,00 €

2021/0020

Editorial Vicens Vives, S.A.

Ciencias Sociais 4. Proxecto Zoom

5.987,45 €

2021/0021

Editorial Vicens Vives, S.A.

Ciencias Sociais 5. Proxecto Zoom

5.537,00 €

2021/0022

Editorial Vicens Vives, S.A.

Ciencias Sociais 6. Proxecto Zoom

6.138,08 €

2021/0023

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Lingua Galega e Literatura 1º Bacharelato

6.891,22 €

2021/0024

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Filosofía 1º Bacharelato

6.476,99 €

2021/0025

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Física 2º Bacharelato

5.686,20 €

2021/0026

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias da Natureza 4º Primaria

1.854,60 €

2021/0027

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias da Natureza 6º Primaria

1.892,20 €

2021/0028

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias Sociais 4º Primaria

1.942,32 €

2021/0029

Edicións Obradoiro, S.L.

Ciencias Sociais 6º Primaria

1.917,26 €

2021/0030

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua + 4 Primaria

2.042,57 €

2021/0031

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua + 6 Primaria

2.055,10 €

2021/0032

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua 4 (libro + caderno)

2.092,69 €

2021/0033

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua 6 (libro + caderno)

2.192,94 €

2021/0034

Edicións Obradoiro, S.L.

Música 2 Tiroliro (libro + caderno)

1.754,35 €

2021/0035

Edicións Obradoiro, S.L.

Música 4 Tiroliro (libro + caderno)

1.804,48 €

2021/0036

Edicións Obradoiro, S.L.

Música 6 Tiroliro (libro + caderno)

1.867,13 €

2021/0037

Edicións Obradoiro, S.L.

Lequelé 4. Tarefas de comprensión lectora

1.929,79 €

2021/0038

Edicións Obradoiro, S.L.

Lequelé 6. Tarefas de comprensión lectora

1.954,85 €

2021/0039

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Ciencias da Natureza 3 Primaria

2.192,94 €

2021/0040

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Ciencias da Natureza 5 Primaria

2.192,94 €

2021/0041

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Ciencias Sociais 3 Primaria

2.380,91 €

2021/0042

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Ciencias Sociais 5 Primaria

2.380,91 €

2021/0043

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Lingua 3 Primaria

2.293,19 €

2021/0044

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Lingua + 3 Primaria

2.506,22 €

2021/0045

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Lingua 5 Primaria

2.305,72 €

2021/0046

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Lingua + 5 Primaria

2.506,22 €

2021/0047

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Música 1 Primaria

1.917,26 €

2021/0048

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Música 3 Primaria

1.917,26 €

2021/0049

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Música 5 Primaria

1.917,26 €

2021/0050

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Música 2 Primaria

1.917,26 €

2021/0051

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Música 4 Primaria

1.917,26 €

2021/0052

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Música 6 Primaria

1.917,26 €

2021/0053

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Lingua 4 Primaria

2.293,19 €

2021/0054

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Ciencias da Natureza 4 Primaria

2.192,94 €

2021/0055

Edicións Obradoiro, S.L.

Libromedia Ciencias Sociais 4 Primaria

2.192,93 €

2021/0057

Rinoceronte Editora, S.L.U.

Petiscos. Unha ducia de aventuras

4.503,00 €

2021/0058

Rinoceronte Editora, S.L.U.

Petiscos+. Máis alá da lectura

2.638,00 €

ANEXO II

Número de expediente

Solicitante

Título

Motivo de denegación

2021/0005

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 3 Primaria – caderno

Artigo 8.2 (valórase conxuntamente co expediente anterior)

2021/0007

Grupo Anaya, S.A.

Lingua 5 Primaria – caderno

Artigo 8.2 (valórase conxuntamente co expediente anterior)

2021/0056

Javier Blanco

Carballal

Unidade Didáctica Xeoparque Montañas do Courel

Artigo 15, penúltimo parágrafo. Non acadar a puntuación mínima

2021/0059

Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L.

Práctica de Lingua Galega con apéndice gramatical para ESO, Bacharelato e probas oficiais

Artigo 15, penúltimo parágrafo. Non acadar a puntuación mínima