Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 40656

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 120/2021, do 9 de agosto, polo que se dispón o nomeamento de membros do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 7 e 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, nos artigos 8 e 10 do seu Regulamento de réxime interno, e de acordo coa proposta efectuada pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT),

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear membros titulares do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT) as seguintes persoas:

– Javier Carreiro Vázquez.

– Mar Martín González.

Artigo 2

Nomear membros suplentes do Consello Económico e Social de Galicia, en representación da Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT) as seguintes persoas:

– José Luis Fernández Celís.

– Trinidad Campos Rodríguez.

Santiago de Compostela, nove de agosto de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente