Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 40834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sober (expediente 2020/21 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT derivada Amandi.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Características técnicas principais:

– Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V. Desmantelamento da caseta de obra do CT existente.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 90 m, con orixe en apoio existente BTE4RBRJ//19 da LMT REG802 Monforte 2, condutor tipo LA-110 e final en apoio proxectado C-2000-20.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 299 m, con orixe en apoio proxectado C-2000-20, condutor tipo LA-56 e final en apoio proxectado C-2000-12 (CT).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160 do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 30 de xullo de 2021

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigos 36.3 e 37.1 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11.1.2021)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Administración Industrial

anexo

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m²)

Políg.

Parc.

2

Descoñecido

33

476

Sobreiro

Terreo ermo

11.0

170.0

3

Descoñecido

33

475

Sobreiro

Terreo ermo

18-1N

2.0

14.0

214.0

4

Hros. de Manuel Vázquez Rodríguez Repr: Concepción Vázquez Díaz

33

500

Sobreiro

Terreo ermo

23.0

338.0

5

Descoñecido

33

480

Sobreiro

Piñeiral

4.0

7

Descoñecido

33

492

Sobreiro

Piñeiral

31.0

8

Descoñecido

33

493

Sobreiro

Piñeiral

25.0

358.0

10

Hros. de Manuel Vázquez Rodríguez Repr: Concepción Vázquez Díaz

33

470

Sobreiro

Piñeiral

24.0

377.0

11

Iván Vázquez Rodríguez e outros

33

469

Sobreiro

Piñeiral e carballos

13.0

206.0

15

Descoñecido

33

175

Peniña

Prado

176.0

16

Hros. de Manuel Vázquez Rodríguez Repr: Victoria Vázquez Díaz

33

176

Peniña

Prado

146.0

17

Pilar López Fernández

33

174

Peniña

Prado

91.0

19

Hros. de Manuel Vázquez Rodríguez

33

172

Peniña

Prado

18-3N CT

2.0

53.0

536.0