Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 17 de agosto de 2021 Páx. 40837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente A-PO-2015/147.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en aplicación da disposición transitoria terceira, letra a), da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a Grupo Mediapipa, S.L. para ser notificado por comparecencia para o trámite de audiencia previa adoptado no expediente A-PO-2015/147, en relación coa solicitude de autorización para a realización de obras na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre na baixada á praia de Menduíña, 72, San Cibrán de Aldán, Cangas.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situado no Edificio Administrativo da avenida Mª Victoria Moreno, núm. 43, 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 80 56 50.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto notificado queda supeditada á publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 2 de agosto de 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra