Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Venres, 13 de agosto de 2021 Páx. 40594

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (expediente 3028/2021).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que foi imposible a práctica da notificación aos titulares dos bens que se relacionan a seguir, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Referencia catastral

Titularidade parcela

Parroquia

Concello

Hectáreas afectadas

36017C515014270000TX

Maiques Vigo, S.L.

Matalobos

A Estrada

5.030 m2

Primeiro. En virtude do que antecede, comunícaselle que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, polo que dispón dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario da xestión da biomasa na dita parcela, a partir da publicación deste decreto no BOE.

Segundo. No caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

Terceiro. No caso de execución subsidiaria, o concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente darán lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

Cuarto. No caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar: artigo 54.3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para infraccións cometidas en solo urbano, núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes para a comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de acordo co establecido no número 3 do artigo 21 ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve recollida no artigo 51.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impor no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). No caso de que sexa considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

A Estrada, 26 de xullo de 2021

José C. López Campos
Alcalde