Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 12 de agosto de 2021 Páx. 40401

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 30 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura recoñecidas no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PE155D).

BDNS (Identif.): 578199.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b y 20.8.a da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e Asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros, establecidos no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, e que non teñan recibido nos primeiros cinco anos desde o seu recoñecemento o total das axudas á creación das devanditas organizacións profesionais, conforme o establecido no artigo 6 do Real decreto 956/2017, do 3 de novembro.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ás organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP) recoñecidas no ámbito autonómico galego en apoio á súa creación e funcionamento destas organizacións profesionais durante os cinco primeiros anos naturais contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da resolución favorable emitida pola Administración competente.

Por outra banda, tamén é obxecto desta orde a convocatoria, para o ano 2021, das axudas á creación das devanditas OPP e AOP.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 30 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva destinadas á creación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura recoñecidas no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PE155D).

Cuarto. Importe

Para o ano 2021 o importe total máximo das subvencións que se concedan será de 600.000,00 €, e as axudas concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias 2021.15.02.723B.780.2 e 2021.15.02.723B.770.3, código de proxecto 2016 00326, que figuran dotadas no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2021.

Aplicación orzamentaria

Organización

Importe

2021.15.02.723B.780.2

Sen ánimo de lucro

300.000,00 €

2021.15.02.723B.770.3

Con ánimo de lucro

300.000,00 €

Total

600.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

1 mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar