Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40246

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2021 pola que se modifican os anexos II, III e IV da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A Orde do 21 de xaneiro de 2021 aproba os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.

A aprobación da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria, motivou que, mediante a Resolución do 14 de maio de 2021 da Axencia Tributaria de Galicia, se modificase no anexo II da Orde do 21 de xaneiro de 2021 a solicitude de reducións non aplicables de oficio do modelo D650.

A Lei 11/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal, de transposición da Directiva (UE) 2016/1164, do Consello, do 12 de xullo de 2016 (LCEur 2016\1031), pola que se establecen normas contra as prácticas de elusión fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificación de diversas normas tributarias e en materia de regulación do xogo, afecta, entre outras, á Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns, modificando a base impoñible do imposto e a regulación da acumulación de doazóns, para incluír os supostos de contratos e pactos sucesorios que produzan adquisicións en vida do ou da causante.

Todo o exposto fai necesario modificar os anexos II, III e IV correspondentes aos modelos de autoliquidación do imposto de sucesións e doazóns, D650, 650 e 651, aprobados pola Orde do 21 de xaneiro de 2021, para reflectir neles estes cambios normativos, para oque é competente a persoa titular da Dirección da Axencia Tributaria de Galicia con base na habilitación normativa prevista na disposición adicional sexta da devandita orde.

En consecuencia,

RESOLVO:

Primeiro.

Modificar os anexos II, III e IV da Orde do 21 de xaneiro de 2021, que pasan a ser os seguintes:

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Segundo.

Esta resolución entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2021

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia