Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 9 de agosto de 2021 Páx. 39684

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 23 de xullo de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifican o trámite de audiencia e o requirimento de documentación, referente a un expediente de compatibilidade, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal do trámite de audiencia e requirimento de documentación, referente a un expediente de compatibilidade a través do servizo de Correos, esta non se puido practicar, e procédese á súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Polo tanto, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o trámite de audiencia e requirimento de documentación, referente á súa solicitude de compatibilidade.

A persoa interesada pode recoller o trámite de audiencia mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o referido prazo terase por efectuado o trámite de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e ditarase a resolución que corresponda.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente de compatibilidade.

DNI: 44812585Y.

Acto de notificación: trámite de audiencia e requirimento de documentación.