Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 9 de agosto de 2021 Páx. 39682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 27 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2017/166-1, nos concellos de Vimianzo e Dumbría.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio, convócanse a todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV Monte Tourado-Eixe, tramos II e III, nos concellos de Vimianzo e Dumbría (expediente IN407A 2017/166-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas dependencias da casa da cultura do concello de Vimianzo e na casa do concello de Dumbría, respectivamente.

A Coruña, 27 de xullo de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2017/166-1.

Entidade beneficiaria: Fenosa Wind, S.L.

Denominación da instalación: LAT 66 kV Monte Tourado-Eixe, tramos II e III.

Concellos: Vimianzo e Dumbría.

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data

Hora

V 24A (II)

Vimianzo

Herdeiros de Manuel Ramos Mourelle

23.9.2021

10.40

V 146 (III)

Vimianzo

Herdeiros de Manuel Tomé Lado

23.9.2021

13.10

V 154 (III)

Vimianzo

Pedro Oreiro Rodríguez

23.9.2021

13.20

D 10

Dumbría

Andrés Senra Bargas

24.9.2021

11.30

D 54

Dumbría

Concepción García Caamaño

24.9.2021

12.10