Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 23 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social RL 2019/0106-4.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta cédula notifícase á empresa que se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador correspondente.

Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte día ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución, que pon fin á vía administrativa, nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no teléfono 986 81 70 11.

Expediente: RL 2019/0106-4.

Acta: I362019000007830.

Empresa: Canalones Candeán, S.L.

Enderezo: rúa Manuel Costas Bastos, 13, piso CS, Vigo.

Materia: seguridade e saúde.

Preceptos infrinxidos: artigo 14.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e os artigos 10 e 11.1.c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde laboral nas obras de construción.

Preceptos sancionadores: artigos 12.16.f), 39.1, 39.6 e 40 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data de resolución: 21.5.2021.

Resolución: deixar sen efecto a acta de infracción número I362019000007830 e proceder ao arquivamento do expediente.

Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 23 de xullo de 2021

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra