Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39081

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2021 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato de obra de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume, fase II, tanque de retención e impulsión, Cabanas (A Coruña) (expediente OH.315.1073).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade da actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento por parte da Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela.

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

1.8) Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, ou portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9 (obras de saneamento).

4. Código NUTS da localización principal das obras: ES111 Cabanas (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de melloras no saneamento en Cabanas e Pontedeume, fase II, tanque de retención e impulsión, Cabanas (A Coruña), clave do expediente: OH.315.1073.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, polo trámite ordinario e contratación non suxeita a regulación harmonizada.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 2.375.799,77 euros. Importe total: 2.874.717,72 euros.

8. Valor estimado do contrato: 2.375.799,77 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 12 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 17 %), programa de construción da obra (ponderación 12 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 8 %), plan de proba dos equipamentos electromecánicos ou automatismos (ponderación 6 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 3 de marzo de 2021.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 22.

12.2) Ofertas de pequenas e medianas empresas: 22.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou subscrición do contrato: 15 de marzo de 2021.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Extraco, Construcións e Proxectos, S.A.

14.2) NIF: A32002644.

14.3) Enderezo: Camiño da Cima, 24-1º, 32004 Ourense.

14.4) Código NUTS: ES113.

14.5) Teléfono: 988 23 67 51.

14.6) Fax: 988 25 19 39.

14.7) Correo electrónico: concursos@extraco.es

14.8) Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 1.877.356,00 euros. Importe total: 2.271.600,76 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO)) «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas»; operación «Mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Pontedeume». Unha maneira de facer Europa.

Por tanto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do cal se poida obter información sobre o contrato formalizado:

17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela.

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03 e 881 99 96 94.

17.7) Teléfonos: 981 95 74 01 e 981 95 74 27.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: non procede.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 27 de xullo de 2020.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 3 de marzo de 2021.

Publicidade da formalización do contrato no perfil de contratante: 16 de marzo de 2021.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012;
DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia