Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xullo de 2021 pola que se notifica a imposición dunha multa coercitiva (expediente PON/504/2016-RP1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 19 de abril de 2021, unha resolución pola que se impón unha primeira multa coercitiva (PON/504/2016-A1), derivada do expediente de reposición da legalidade urbanística número PON/504/2016-RP1, á persoa interesada co documento de identidade número 36093291-N, como consecuencia de incumprir o recollido na Resolución do 9 de marzo de 2018, que ordenaba a demolición dunha edificación para usos residenciais no lugar da Gándara, Valadares, no municipio de Vigo, porvincia de Pontevedra, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita resolución e constancia del tal coñecemento. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, perante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, e indícaselle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes á imposición desta multa coercitiva. Será motivo de non admisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal este acordo é un mero acto de execución.

No caso de que non exerza o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística