Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 3 de agosto de 2021 Páx. 39053

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello de Maside (expediente IN407A 2021/66-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do COETICOR, o día 21.4.2021, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Domicilio: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: adecuación LMT CNO807 lugar Dacón.

Situación: núcleo urbano de Dacón, concello de Maside (Ourense).

Orzamento: 104.386,13 €.

Características técnicas:

• Novo tramo LMTS CNO807, a 20 kV, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1×240) mm2 Al, de 811 m, con orixe no paso A/S que se vai realizar no apoio núm. 24-11-A-3, proxectado de celosía metálica, da LMT CNO807, e final no paso A/S que se vai realizar en apoio núm. 68-B-43-52, cambiado a tipo C-16/2000.

• Cambio de condutor LA-30 por LA-56, lonxitude 7 m, na LMT CNO807 que alimenta o CT Dacón, con orixe no apoio núm. 24-11-A-3 proxectado, de tipo C-16/2000, que substitúe o existente, e final no CT existente Dacón (expediente núm.: IN407A 2016/141-3).

• Cambio de condutor LA-30 por LA-56, de 15 m de lonxitude, na LMT CNO807 que alimenta o CT Dacón-Este, con orixe no apoio núm. 68-B-43-52 proxectado, de tipo C-16/2000, que substitúe o existente, e final no CT Dacón-Este (expediente 1997/32 AT).

• Desmonte de 3 apoios, núms.: 68-B-43-53; 68-B-43-54 e 68-B-43-55, así como dos condutores que soportan, con orixe no apoio 68-B-43-52, anexo ao CT Dacón-Este (32AU76), e final no apoio núm. 68-B-43-55.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 13 de xullo de 2021

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense