Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 30 de xullo de 2021 Páx. 38842

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 6 de xullo de 2021, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do estudo de detalle da UA Hernán Cortés (expediente 5264/401).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 1 de xullo de 2021, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Prestar a aprobación inicial ao estudo de detalle formulado, mediante iniciativa particular, por Isaac Álvarez García e outros, co obxecto de definir con precisión as aliñacións exteriores e interiores, así como a reordenación de volumes edificables (dous bloques), no ámbito da UA Hernán Cortés, e acadar así os obxectivos do PEEC, instrumento urbanístico redactado polo arquitecto José A. Comesaña García, de marzo de 2021, e visado polo COAG con data do 18.3.2021, documento refundido inserido no rexistro electrónico desta XMU con data do 28 de abril de 2021 (cód. W555281-2397), e no mesmo acto proceder á delimitación deste ámbito de actuación no medio urbano, de conformidade co previsto na Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación, rexeneración e renovación urbana, e dotar a Administración dun mecanismo áxil que permitirá garantir o cumprimento das obrigacións de edificación, conservación e rehabilitación dos inmobles, axustado á normativa básica estatal e completando a regulación da lexislación do solo de Galicia.

Segundo. Someter o instrumento inicialmente aprobado á información pública polo prazo dun (1) mes, mediante a inserción de anuncios, por conta dos promotores, que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión da provincia, no portal de transparencia e na sede electrónica do Concello de Vigo, con notificación individualizada aos titulares catastrais dos terreos afectados. Durante o mesmo tempo en que se realiza o trámite de información pública solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais e as consultas que resulten preceptivos.

Terceiro. Remitir certificación do presente acordo xunto co instrumento urbanístico inicialmente aprobado, debidamente dilixenciado, á Subdirección Xeral de Aeroportos e Navegación Aérea, da Dirección Xeral de Aviación Civil, xa que o presente estudo de detalle atópase incluído no eido das servidumes aeronáuticas establecidas no Plan director do aeroporto de Vigo, para que procedan a emitir, de ser necesario, o informe previsto na disposición adicional segunda do Real decreto 2591/1998, do 4 de decembro, de ordenación dos aeroportos de interese xeral e a súa zona de servizo, en relación co artigo 29.2 do Decreto 584/1972, do 24 de febreiro, de servidumes aeronáuticas.

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urbanismo_pxom2.php?lang=gal#/ e no Departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (praza do Rei, s/n, Vigo), con cita previa no teléfono 986 81 01 00 –extensións 1526 e 1531–, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes. O prazo de información pública comezará a contar desde a primeira publicación e rematará pasado un mes desde a última publicación.

Vigo, 6 de xullo de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo