Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 30 de xullo de 2021 Páx. 38841

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva de modificación de estudo de detalle.

O Pleno do Concello da Laracha, en sesión ordinaria do día 28 de maio de 2021, acordou aprobar definitivamente a modificación do estudo de detalle do ámbito dotacional remitido á ordenación especial OE-L2, sito na 1ª travesía da rúa Eusebio Bértoa Queijo da Laracha, na parcela 3385610NH3838N, clasificada polo PXOM como solo urbano consolidado, con destino a sistemas xerais de equipamentos asistenciais de carácter público.

Contra o acordo de aprobación definitiva do devandito estudo de detalle poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, todo iso sen prexuízo de que se poida exercer calquera outro que se coide procedente.

O que se publica para xeral coñecemento e para producir os efectos previstos neste acordo.

A Laracha, 7 de xullo de 2021

José Manuel López Varela
Alcalde