BDNS (Identif.): 576921.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas as pemes agroalimentarias que sexan titulares de adegas de elaboración de viño acollido ás denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas galegas.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento para o recoñecemento do dereito á subscrición de préstamos de campaña a adegas de elaboración de viño na campaña 2021, garantidos polo instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 16 de xullo de 2021 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento a adegas do dereito a préstamos de campaña no ano 2021 garantidos polo instrumento financeiro de xestión centralizada Feader 2014-2020, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento MR364A).
Cuarto. Importe
As contribucións da Consellería do Medio Rural para custear as garantías destes préstamos financiaranse con cargo ao orzamento xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 cunha dotación de 4.500.000 €, así como cos remanentes da dotación da convocatoria do ano 2020 non utilizados.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria remata o día 15 de outubro de 2021.
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2021
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias