Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38636

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobada inicialmente polo Pleno Municipal, en sesión do 12 de xullo de 2021, a modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de San Cibrao das Viñas no ámbito do polígono industrial David Ferrer Garrido, para a incorporación de novos usos, en cumprimento de tal acordo e das prescricións contidas no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no xornal La Región, así como na sede electrónica deste concello www.sancibrao.sedelectronica.es, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial comporta a suspensión do outorgamento de licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do PXOM, e que son as seguintes:

Áreas obxecto de suspensión de licenzas:

Tipo de licenza

Ámbito de aplicación da ordenanza O-7 no polígono industrial David Ferrer Garrido

Demolición e nova edificación

A duración máxima da suspensión é dun ano.

San Cibrao das Viñas, 23 xullo de 2021

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde