Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 29 de xullo de 2021 Páx. 38635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Non sendo posible determinar a identidade do titular da parcela 1134 polígono 10 del Concello de Porto do Son, de acordo co previsto no artigo 22.3 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, Lei 3/2007, anúnciase:

Considerando que, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, os responsables dos terreos situados nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa están obrigados a xestionar a biomasa existente nas súas parcelas. Polo tanto, requíreselle ao titular da parcela catastral 1134 polígono 10 do Concello de Porto do Son, na súa calidade de responsable, para que, no prazo de 15 días, estean executados os traballos de prevención de incendios a que obriga a citada lei.

Advírtese expresamente ao responsable de que, no caso de incumprimento no prazo sinalado desde a data de publicación no BOE, o Concello de Porto do Son poderá executar subsididariamente os traballos, repercutíndoselle os gastos ao obrigado. O incumprimento do ordenado constitúe unha infracción en materia de incendios tipificada no artigo 50.2.1) da Lei 3/2007, do 9 abril, dando lugar á tramitación do oportuno procedemento sancionador e á imposición, de ser o caso, dunha sanción de multa entre 100 a 1.000 euros, así como á obriga de indemnizar ou reparar os danos causados.

Porto do Son, 17 de xullo de 2021

José Luis Oujo Pouso
Alcalde