Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de xullo de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 25 de xuño de 2021 relativa ao acto de conciliación formulada polos representantes dos montes veciñais en man común Aceveda ou Coto Castiñeira, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Castiñeira, e Veiga de Conselo, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Castiñeira, Conso, Chaguazoso, Mormentelos, San Cristovo e Vilariño de Conso, no concello de Vilariño de Conso.

Examinada a solicitude de conciliación formulada polos representantes do MVMC Aceveda ou Coto Castiñeira, pertencente á CMVMC de Castiñeira, e do MVMC Veiga de Conselo, pertencente á CMVMC de Castiñeira, Conso, Chaguazoso, Mormentelos, San Cristovo e Vilariño de Conso, no concello de Vilariño de Conso, resultan os seguintes

Feitos:

Primeiro. Con data do 17 de febreiro de 2020, a CMVMC de Castiñeira presentou un escrito no rexistro electrónico da Xunta de Galicia (nº 2020/rx 345226) relativo a un acto de deslinde entre os montes veciñais en man común de Aceveda ou Coto Castiñeira e de Veiga de Conselo.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

Memoria e plano.

Acta de conciliación, acta e plano de deslinde e certificado de aprobación das comunidades.

Capa shape puntos de deslinde.

Capa shape liña de deslinde.

Segundo. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 8 de xaneiro de 2021 considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Polo que o Servizo de Montes lle propuxo ao Xurado a aprobación do deslindamento, ben que co seguinte condicionado:

A localización do punto 1 non poderá interferir co perímetro estremeiro entre o MVMC Aceveda ou Coto Castiñeira e o MVMC de Pradoalbar, que segundo consta nos respectivos acordos de clasificación se localiza en Cruz da Pena da Lebre. E que deberá establecerse mediante un procedemento de deslindamento acordado coa CMVMC de Pradoalbar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se seguirá no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou por unanimidade o día 21 de abril de 2021:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras do MVMC Aceveda ou Coto Castiñeira, pertencente á CMVMC de Castiñeira, e do MVMC Veiga de Conselo, pertencente á CMVMC de Castiñeira, Conso, Chaguazoso, Mormentelos, San Cristovo e Vilariño de Conso, no concello de Vilariño de Conso, de acordo coas consideracións realizadas no informe do Servizo de Montes do 8 de xaneiro de 2021.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 9 de xullo de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense