Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 28 de xullo de 2021 Páx. 38378

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 13 de xullo de 2021 de rectificación dun erro material na Resolución do 24 de xuño de 2021, das axudas convocadas na Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C).

Ao abeiro do disposto no artigo 17 da Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C), con data do 24 de xuño de 2021, a persoa titular da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, por delegación da competencia outorgada pola persoa titular da Consellería de Política Social, dita resolución que finaliza o procedemento de concesión das axudas convocadas.

A dita resolución notifícase en virtude da súa publicación no Diario Oficial de Galicia número 126, do 5 de xullo de 2021, pola Resolución do 24 de xuño de 2021, ao abeiro do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advertido erro na resolución que finaliza o procedemento, procedeuse á súa revisión ao abeiro do disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, en virtude da Resolución ditada o 13 de xullo de 2021, e procédese á súa notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 13 de xullo de 2021 de rectificación dun erro material na Resolución do 24 de xuño de 2021, das axudas convocadas na Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C), que se xunta coa presente resolución no anexo.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 13 de xullo de 2021 de rectificación dun erro material na Resolución do 24 de xuño de 2021, das axudas convocadas na Orde do 26 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan para os anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (código de procedemento BS403C)

Advertido erro na Resolución ditada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica por delegación da competencia outorgada pola persoa titular da Consellería de Política Social o 24 de xuño de 2021, concretamente no anexo I referido ás axudas concedidas, na columna relativa ao importe da prima dos anos 2021, 2022, 2023 e 2024, referido ao expediente BS403C/2021-21.

Tendo en conta que as administracións públicas poden, de acordo co establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia das persoas interesadas, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, acórdase ditar a seguinte resolución:

Na resolución ditada por este centro directivo o día 24 de xuño de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo I, axudas concedidas, na columna 9, fila 15, onde di:

Nº exp.

Solicitante

NIF

Nome da casa niño

Concello

Provincia

Puntuación

Importe investimento (€)

Importe prima anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (€)

BS403C/2021-21

Áurea Camino Barral

***8996**

Brincadeira

Santiso

A Coruña

97,50

15.000

63.333,33

Debe dicir:

Nº exp.

Solicitante

NIF

Nome da casa niño

Concello

Provincia

Puntuación

Importe investimento (€)

Importe prima anos 2021, 2022, 2023 e 2024 (€)

BS403C/2021-21

Áurea Camino Barral

***8996**

Brincadeira

Santiso

A Coruña

97,50

15.000

65.333,33

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2021. A conselleira de Política Social, P.D. (Artigo 17 da Orde do 26.2.2021; DOG núm. 48, do 11 de marzo), Jacobo Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.