Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 27 de xullo de 2021 Páx. 38284

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Lama

ANUNCIO de notificación da comunicación e do requirimento para o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 207/2021).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ante a imposibilidade de notificación, por causas non imputables a esta administración e de acordo co establecido no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2017, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, faise pública a resolución de comunicación e requirimento para o cumprimento do deber de xestionar a biomasa na parcela de referencia catastral 36025A005009090000GI, que na súa parte dispositiva establece:

Primeiro. Efectuar comunicación para lembrarlle ao responsable o cumprimento das obrigacións incumpridas en relación coa xestión da biomasa no inmoble/parcela correspondente ao transcurso dunha faixa de protección para a xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas do seguinte inmoble/parcela desta localidade:

Referencia catastral:

36025A005009090000GI

Localización:

lg. Brexiña-A Lama

Superficie:

1.186 m2 = 0,1186 ha

Rede de defensa contra incendios:

rede secundaria de faixas de xestión da biomasa

Segundo. A persoa responsable da execución da xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas está en investigación polo artigo 47 da Lei 33/2003 na Dirección Xeral do Catastro, polo que, ao tratarse dunha persoa responsable descoñecida, procederase ao descrito na alínea c) do punto oitavo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que a notificación se efectuará directamente mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De acordo co informe técnico municipal, emitido con data do 28.6.2021, apreciáronse as seguintes deficiencias:

Parámetros de xestión da biomasa

Área de actuación

Faixa 0-10 metros

Faixa 10-30 metros

Faixa 30-50 metros

Estrato arbóreo:

– Piñeiro galego

– Piñeiro do país

– Piñeiro silvestre

– Piñeiro de Monterrei

– Piñeiro de Oregón

– Mimosa

– Acacia negra

– Eucalipto

(disposición adicional 3ª)

Eliminación total de todo tipo de vexetación

□ Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

□ Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total das especies citadas

□ Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbustivo:

– Queiruga

– Carqueixa

– Uz, carpaza

– Xesta

– Piorno

– Fento

– Silva

– Toxo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

□ Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

□ Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

□ Cumpre

 Non cumpre

Estrato herbáceo

– Todas as herbáceas

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

□ Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

□ Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

□ Cumpre

 Non cumpre

Estrato arbóreo

Frondosas caducifolias

– Ameneiro

– Pradairo

– Bidueiro

– Freixo/freixa

– Castiñeiro

– Carballo

– Cerdeira

– Cerquiño

– Sobreira

– Aciñeira

– Abeleira

– Faia

– Umeiro

– Loureiro

– Sorbeira do monte

– Capudre

– Nogueira

– Érbedo

Eliminación total de todo tipo de vexetación

(ata 20 cm de altura)

 Cumpre

□ Non cumpre

Permitido:

Clareo: forma masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si.

Poda:

– Árbores < 11,4 m de altura: poda ata 1/3 de altura.

– Árbores > 11,4 m de altura: poda mínima 4 m.

 Cumpre

□ Non cumpre

Permitido:

Clareo: forma masas mixtas e distanciadas 7 metros entre si.

Poda:

– Arbores < 11,4 m de altura: poda ata ⅓ de altura.

– Arbores > 11,4 m de altura: poda mínima 4 m.

 Cumpre

□ Non cumpre

Vexetación seca

Arbórea, arbustiva e herbácea

Eliminación total de todo tipo de vexetación

□ Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

□ Cumpre

 Non cumpre

Eliminación total de todo tipo de vexetación

□ Cumpre

 Non cumpre

A parcela denunciada conta con estracto arbóreo (incluído na disposición adicional terceira: piñeiro, mimosa, acacia e eucalipto), arbustivo e herbáceo, así como vexetación seca na maior parte da súa extensión, incumprindo deste xeito os criterios de xestión da biomasa, polo que se recomenda a eliminación total deste tipo de vexetación.

Cuarto. Fixar o prazo de quince días naturais (contados desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación definitiva tras o trámite de audiencia ou á publicación definitiva do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado tras o trámite de audiencia), para que o responsable proceda á realización das actuacións arriba indicadas, en cumprimento do previsto no artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Unha vez transcorrido o devandito prazo, que por parte dos servizos técnicos municipais se realice visita de comprobación e emitan informe respecto diso para verificar a execución das actuacións materiais descritas por parte do interesado.

Sexto. Apercibir o responsable da execución da xestión da biomasa e da retirada de especies arbóreas prohibidas de que se non realiza as actuacións indicadas voluntariamente no prazo conferido para o efecto, o Concello procederá, sen máis trámites, á execución subsidiaria destas.

Lembrarlle ao responsable, se é o caso, a obrigación que ten de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria, sen que sexa necesario contar co seu consentimento.

Sétimo. Determinar que, segundo a valoración técnica, a liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar a execución subsidiaria ascende a:

Ud.

Actuación

Prezo unitario

Cantidade

Importe

Roza matogueira con motorrozadora, ø=3-6 cm, pte<30 %

ha

Roza manual empregando motorrozadora dunha matogueira de diámetro basal comprendido entre 3 e 6 cm, en terreos con pendentes inferiores ao 30 % e cunha superficie cuberta do 100 %, respectando aqueles exemplares que, por calquera motivo, deban conservarse. No caso de que a superficie cuberta sexa inferior ao 100 %, a medición verase afectada por un coeficiente redutor equivalente á proporción de superficie cuberta expresada en tanto por un

1.783,54 €

0,1186

211,53 €

Abatemento de árbores ø>20-<=30 cm

Corta manual de pés, con diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, densidade menor ou igual a 750 pés/ha

0,75 €

20

15,00 €

Tronzadura de fustes de ø>20-<=30 cm

m3

Tronzadura mediante motoserra de árbores de diámetro normal superior a 20 cm e inferior ou igual a 30 cm, en toros de 2,2 m

2,66 €

31,4

83,52 €

Recollida e encastelamento de residuos dens<10 t/ha, pte<30 %

ha

Recollida e encastelamento de residuos forestais procedentes conxuntamente de rozas, podas e/ou claras ou clareos, con densidade inferior a 10 toneladas/hectárea, distancia máxima de recollida de 30 metros e pendente do terreo inferior ao 30 %

274,01 €

0,1186

32,50 €

Queima de residuos, densidade <10 t/ha (Seaga)

ha

Queima controlada de residuos forestais encastelados procedentes de tratamentos silvícolas, con distancias entre piras inferiores a 20 m e cunha densidade de residuo inferior a 10 toneladas por hectárea

190,47 €

0,1186

22,59 €

 

 

Total actuación

365,14 €

Coa advertencia de que, en caso de persistir no incumprimento, tras o transcurso do prazo de quince días concedido, procederase á exacción do importe a que ascende a liquidación provisional.

Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que proceda una vez finalizados, de ser o caso, os traballos de execución subsidiaria.

Oitavo. Advertir que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo de quince días outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador.

Así mesmo, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Noveno. Notificarlles a presente resolución aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan examinar o expediente, formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes. Unha vez recibidas as alegacións ou transcorrido o prazo de audiencia outorgado, a Alcaldía formularalle comunicación definitiva ao responsable, co contido sinalado no punto sétimo da Instrución 1/2018, do 26 de abril, na cal se lle lembrarán as mencionadas obrigas incumpridas e se lle concederá para cumprilas un prazo máximo de quince días naturais.

Recursos procedentes: contra as resolucións e os actos de trámite que decidan, directa o indirectamente, sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, de conformidade co artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderá interporse o recurso potestativo de reposición, que se poderá fundamentar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 47 e 48 da citada lei. O prazo para interpor o recurso potestativo de reposición será dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución do recurso de reposición será dun mes desde a súa interposición (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro).

Así mesmo, e de conformidade co disposto no artigo 64 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante o presente anuncio dáselles un prazo de dez días para que se presenten nas dependencias deste concello e examinen o expediente para os efectos de que poidan alegar e presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

A Lama, 1 de xullo de 2021

Jorge Canda Martínez
Alcalde presidente