Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 27 de xullo de 2021 Páx. 38280

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a ordenación de volumes da ampliación do Edificio do CITIC, Campus de Elviña, A Coruña (expediente 631/2021/12).

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 8 de xullo de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento denominado Estudo de detalle para a ordenación de volumes da ampliación do Edificio do CITIC, Campus de Elviña. Documento para aprobación definitiva. Maio 2021, promovido pola UDC e redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos e Sara Prieto Hortas, número de colexiados do COAG 1440 e 4754, respectivamente.

Segundo. Ordenar a realización dos trámites administrativos recollidos nos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e concordantes do regulamento de desenvolvemento desta, para procurar a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do estudo de detalle aprobado.

Terceiro. Notificar este acordo ao promotor e ás áreas municipais interesadas na tramitación do expediente».

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar na web de urbanismo ou no visor Desenvolvemento do Planeamento, ou consultalo de maneira presencial nas dependencias municipais de Urbanismo, para o que deberá de solicitar cita previa, por escrito no Rexistro Municipal ou no enderezo electrónico registrourbanismo@coruna.es

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei do solo de Galicia e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme co dereito.

A Coruña, 15 de xullo de 2021

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo