Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 27 de xullo de 2021 Páx. 38147

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2021, e se procede á súa convocatoria para o devandito ano (código de procedemento CT224C).

O artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece a obrigatoriedade da publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputan, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención. Así mesmo, segundo o artigo 13 da orde de convocatoria, a resolución definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web https://www.cultura.gal. Esta publicación substituirá a notificación persoal e producirá os mesmos efectos. Por todo isto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.40.432A.770.2 do procedemento CT224C das axudas ás librarías de Galicia para a realización de actividades de difusión do libro e da lectura en 2021.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade

ANEXO

Solicitante

Subvención

La Librería C y C SLNE

845,33 €

Marta Porto Vilas Míguez

1.000,00 €

Dinamo Xestión de Actividades Socioculturais

3.000,00 €

Javier Iván Hita Rodríguez

2.348,30 €

Bahía Cultura e Ocio, S.L.

2.490,74 €

Libros para Soñar

1.344,65 €

Rosa María Lomba Villar

2.190,78 €

Punto e Coma Allariz

2.230,50 €

María del Rocío Rodríguez López

3.000,00 €

Fincasa Formoso

3.000,00 €

Aira das Letras, S.L.

2.212,50 €

Maruxairas Allariz

2.212,50 €

Primordial, C.C., S.L

522,50 €

Numax, S. Coop. Galega

1.875,00 €