Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 27 de xullo de 2021 Páx. 38144

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 22 de xullo de 2021 pola que se acorda a cesión definitiva de cinco (5) vehículos propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

De conformidade co Decreto 110/2020, do 6 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 214/2020, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, disponse que esta vicepresidencia e consellería, por medio da Secretaría Xeral Técnica, é o departamento encargado de dirixir o parque móbil da Xunta de Galicia.

A Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 82, permite a cesión gratuíta de bens da comunidade autónoma a entidades sen ánimo de lucro sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social. Por outra banda, o cesionario acepta a obriga de destinar os bens ao fin expresado no correspondente acordo.

O parágrafo 5 deste mesmo artigo 82 especifica que as cesións de vehículos a terceiros só poderán ter por obxecto a transmisión da propiedade.

A precariedade da situación nos campamentos de refuxiados de Tindouf (Alxeria), como consecuencia das especiais circunstancias da área en que están situados, no medio do deserto do Sáhara, con temperaturas extremas e cunha das máis duras condicións de vida do mundo, supón para as persoas saharauís neles residentes que a súa supervivencia dependa case totalmente da axuda exterior.

No marco das relacións de colaboración e cooperación con entidades non gobernamentais de cooperación e atención a comunidades vulnerables e logo da petición da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, considérase conveniente cederlle en propiedade cinco vehículos propiedade da Xunta de Galicia.

A referida asociación destinará os vehículos a fins de utilidade pública ou interese social e, de xeito especial, a programas de cooperación nos campamentos de refuxiados saharauís.

Para tal fin, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tramitou o expediente, de conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude, no uso das facultades que teño atribuídas, polo Decreto 148/2016 da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Cesión en propiedade

Acórdase a cesión en propiedade, á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, con CIF G15924558, dos seguintes bens mobles:

• Vehículo Citroën Saxo matrícula 9740 CCM.

– Número de serie do bastidor: VF7S0HFXB57877432.

– Data de matriculación: 11.12.2002.

• Vehículo Citroën Xsara matrícula 3770 BVG.

– Número de serie do bastidor: VF7N1RHYB73296726.

– Data de matriculación: 11.4.2002.

• Vehículo Citroën C5 matrícula 1535 CYB.

– Número de serie do bastidor: VF7DC4HXG76501101.

– Data de matriculación: 9.7.2004.

• Vehículo Citroën C5 matrícula 0126 CJX.

– Número de serie do bastidor: VF7DCRHZB76419348.

– Data de matriculación: 27.6.2003.

• Vehículo Citroën C15 matrícula 0117 CJX.

– Número de serie do bastidor: VF7VDVV0005VV7598.

– Data de matriculación: 27.6.2003.

Artigo 2. Fins da cesión

1. De conformidade co establecido no artigo 82.1 da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 96 do Regulamento publicado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, o ben cedido será destinado polo cesionario a fins de utilidade pública ou interese social, de xeito especial, para programas de cooperación nos campamentos de refuxiados saharauís.

2. Se os bens cedidos non se aplicasen ao fin sinalado considerarase resolta a cesión e reverterán á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Coa cesión outorgaráselle á asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí a transmisión da súa propiedade, sendo obriga do órgano competente para a cesión tramitar a baixa en tráfico conforme o establecido na lexislación específica, de conformidade co previsto no artigo 82.5 da Lei 5/2011, do 30 de setembro.

Artigo 3. Formalización da cesión mediante acta

A cesión terá carácter definitivo desde o momento da súa formalización mediante acta subscrita polas persoas titulares da secretaría xeral técnica desta vicepresidencia e consellería e representante designado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e deberá constar nela o acordo de cesión e a aceptación da parte cesionaria, así como as obrigas da entidade cesionaria.

Artigo 4. Obrigas da entidade cesionaria

A entidade cesionaria farase cargo dos gastos do imposto especial sobre determinados medios de transporte, seguros, mantemento, conservación e calquera outro gasto que poida supoñer a cesión, así como as indemnizacións derivadas das posibles declaracións de responsabilidade civil ou criminal polo uso do equipamento cedido, calquera que sexa a súa contía.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a través da Secretaría Xeral Técnica, realizará os trámites necesarios para a efectividade desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo