Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Luns, 26 de xullo de 2021 Páx. 38043

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2021 pola que se corrixen erros do Anuncio do 7 de xullo de 2021 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (CS2102).

Detectados erros no Anuncio do 7 de xullo de 2021 polo que se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (CS2102) (DOG núm. 130, do 9 de xullo), da Universidade de Vigo, é necesario facer as correspondentes correccións e establecer unha ampliación do novo prazo de presentación de solicitudes de (10) dez dias hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia:

ANEXO I

Datos das prazas

Praza nº 1.

Referencia: CS2102-C01-610-AC-P3-01.

Onde di: «Titulación: licenciado/a, graduado/a en Medicina», debe dicir: «Titulación: licenciado/a, graduado/a en Medicina, Bioloxía, Farmacia ou Química».

Onde di: «Observacións: prácticas de Tecnoloxía Hospitalaria: organización e dirección de actividades prácticas nos servizos hospitalarios para estudos de grao universitario. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en Radioloxía, Medicina Nuclear, Oncoloxía Radioterapia, Radiofísica Hospitalaria, Intensivos, Anestesioloxía, Neurofisioloxía, Pneumoloxía, Cirurxía Torácica, Nefroloxía, Uroloxía, Cardioloxía, Cirurxía Cardíaca, Cirurxía Vascular, Endocrinoloxía, Análises Clínicas, Inmunoloxía, Anatomía Patolóxica, Microbioloxía, Hematoloxía, Aparato Dixestivo, Cirurxía Xeral e do Aparato Dixestivo, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Medicina Física e Rehabilitación, Reumatoloxía, Neuroloxía, Neurocirurxía, ORL, Oftalmoloxía, Xinecoloxía, Pediatría, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Plástica», debe dicir: «Observacións: prácticas de tecnoloxía hospitalaria: organización e dirección de actividades prácticas nos servizos hospitalarios para estudos de grao universitario. Persoal pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo con especialidade en Radiodiagnóstico, Medicina Nuclear, Oncoloxía Radioterápica, Radiofísica Hospitalaria, Medicina Intensiva, Anestesioloxía e Reanimación, Neurofisioloxía Clínica, Pneumoloxía, Cirurxía Torácica, Nefroloxía, Uroloxía, Cardioloxía, Cirurxía Cardiovascular, Anxioloxía e Cirurxía Vascular, Endocrinoloxía e Nutrición, Análises Clínicas, Inmunoloxía, Anatomía Patolóxica, Microbioloxía e Parasitoloxía, Hematoloxía e Hemoterapia, Aparello Dixestivo, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, Medicina Física e Rehabilitación, Reumatoloxía, Neuroloxía, Neurocirurxía, Otorrinolaríngoloxía, Oftalmoloxía, Obstetricia e Xinecoloxía, Pediatría e as súas áreas específicas, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora».

Praza nº 2.

Referencia: CS2102-C01-610-AC-P3-02.

Onde di: «Observacións: prácticas de Tecnoloxía Hospitalaria: instalacións hospitalarias. Persoal pertencente ao CHUVI con especialización no mantemento de instalacións e equipamento médico/hospitalario», debe dicir: «Observacións: prácticas de Tecnoloxía Hospitalaria: instalacións hospitalarias. Persoal pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo».

Praza nº 3.

Referencia: CS2102-C01-610-AC-P3-03.

Onde di: «Observacións: Enxeñaría Clínica e Hospitalaria: organización e xestión dos sistemas de saúde e xestión do equipamento, seguridade e calidade. Persoal pertencente ao CHUVI con categoría en Admisión e Documentación Clínica», debe dicir: «Observacións: Enxeñaría Clínica e Hospitalaria: organización e xestión dos sistemas de saúde e xestión do equipamento, seguridade e calidade. Persoal pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo coa categoría de Médico de admisión e documentación clínica».

Praza nº 4.

Referencia: CS2102-C01-610-AC-P3-04.

Onde di: «Observacións: Enxeñaría Clínica e Hospitalaria: marco legal e regulatorio xeral hospitalario e de dispositivos, ética no ámbito hospitalario. Persoal pertencente ao CHUVI con formación en Bioética (titulación de máster oficial en Bioética ou similar de 60 ECTS ou superior)», debe dicir: «Observacións: Enxeñaría Clínica e Hospitalaria: marco legal e regulatorio xeral hospitalario e de dispositivos, ética no ámbito hospitalario. Persoal pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo con formación en Bioética (titulación de máster oficial en Bioética ou similar de 60 ECTS ou superior)».

Praza nº 5.

Referencia: CS2102-C01-610-AC-P3-05.

Onde di: «Observacións: Enxeñaría Clínica e Hospitalaria: avaliación de tecnoloxías sanitarias, hixiene e esterilización, radiacións ionizantes, protección radiolóxica. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en Medicina Preventiva ou Radiofísica Hospitalaria», debe dicir: «Observacións: Enxeñaría Clínica e Hospitalaria: avaliación de tecnoloxías sanitarias, hixiene e esterilización, radiacións ionizantes, protección radiolóxica. Persoal pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo coa especialidade en Medicina Preventiva e Saúde Pública ou persoal coa especialidade en Radiofísica Hospitalaria que desenvolve as súas funcións no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo».

Praza nº 6.

Referencia: CS2102-C01-610-AC-P3-06.

Onde di: «Observacións: Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: imaxe médica e fundamentos físicos. Tecnoloxía de radiación. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en: Radioloxía, Medicina Nuclear, Oncoloxía Radioterapia», debe dicir: «Observacións: Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: imaxe médica e fundamentos físicos. Tecnoloxía de radiación. Persoal pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo coa especialidade en: Radiodiagnóstico, Medicina Nuclear, Oncoloxía Radioterápica».

Praza nº 7.

Referencia: CS2102-C01-610-AC-P3-07.

Onde di: «Observacións: Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: sistemas de información hospitalarios e HCE. Persoal do CHUVI con categoría profesional de informática», debe dicir: «Observacións: Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: sistemas de información hospitalarios e Historia Clínica Electrónica. Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo cunha categoría profesional de técnico superior ou técnico de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información».

Praza nº 8.

Referencia: CS2102-C01-610-AC-P3-08.

Onde di: «Observacións: Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: equipos de instrumentación diagnóstica e de apoio vital. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en: Intensivos, Anestesia, Neurofisioloxía, Cardioloxía, Neumoloxía, Nefroloxía e Pediatría con acreditación recoñecida na área de capacitación específica de coidados intensivos pediátricos ou neonatolóxicos», debe dicir: «Observacións: Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: equipamentos de instrumentación diagnóstica e de apoio vital. Persoal pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo con especialidade en: Medicina Intensiva, Anestesioloxía e Reanimación, Neurofisioloxía Clínica, Cardioloxía, Pneumoloxía, Nefroloxía e Pediatría e as súas áreas específicas, con acreditación recoñecida na área de capacitación específica de coidados intensivos pediátricos ou neonatolóxicos».

Praza nº 9.

Referencia: CS2102-C01-610-AC-P3-09.

Onde di: «Observacións: Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: sistemas de apoio á intervención, tecnoloxía de quirófano, sistemas de navegación e imaxe médica invasiva. Persoal pertencente ao CHUVI con especialidade en: Neurocirurxía, Cirurxía Cardíaca, C. Xeral e Aparato Dixestivo, C. Vascular, Uroloxía, C. Pediátrica, C. Torácica, Traumatoloxía, C. Plástica», debe dicir: «Observacións: Fundamentos de Tecnoloxía Hospitalaria: sistemas de apoio á intervención, tecnoloxía de quirófano, sistemas de navegación e imaxe médica invasiva. Persoal pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo con especialidade en: Neurocirurxía, Cirurxía cardiovascular, Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo, Anxioloxía e Cirurxía Vascular, Uroloxía, Cirurxía Pediátrica, Cirurxía Torácica, Cirurxía Ortopédica eTraumatoloxía, Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora».

Vigo, 16 de xullo de 2021

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo