Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Teixeira

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

Intentada a notificación do Acordo do 31 de maio de 2021, ao non resultar posible a súa práctica efectiva ou ao ignorarse o lugar da notificación do seguinte interesado, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, notifícaselle o seguinte mediante a publicación no BOE, DOG e no taboleiro de anuncios do Concello:

Acto que se vai notificar

Propietario

Parcela catastral

Acordo de limpeza de predio situado en Covas, no pol. 15 parc. 82

Constantino Álvarez Rodríguez

32081A015000820000GS

Requírense os propietarios para que no prazo máximo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, procedan á xestión da biomasa na parcela indicada, de conformidade cos artigos 21 e 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

En caso de incumprimento, poderase proceder á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22 da Lei 3/2007, ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas de 1.000 a 10.000 euros, reiterables ata lograr a execución do ordenado. Todo isto sen prexuízo do procedemento sancionador que corresponda.

O texto íntegro do documento e o resto dos trámites do expediente poderán ser consultados, por comparecencia do interesado, na Secretaría do Concello da Teixeira para o seu coñecemento.

A Teixeira, 29 de xuño de 2021

Miguel A. Cid Álvarez
Alcalde