Mediante a Resolución da Alcaldía 2021-0384 aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Vilaboa que contén os seguintes postos de traballo:
Grupo |
Denominación da praza |
Escala |
Subescala |
Natureza xurídica |
Acceso |
Sistema |
Nº de prazas |
C1 |
Administrativo/a |
Administración xeral |
Administrativa |
Funcionario de carreira |
Libre |
Oposición |
1 |
A1 |
Arquitecto/a |
Administración especial |
Técnica |
Funcionario de carreira |
Libre |
Concurso-oposición |
1 |
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da referida publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Vilaboa, 28 de xuño de 2021
César Poza González
Alcalde