Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de xullo de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se comunica a tramitación dun expediente para a posible clasificación do monte Serra de Marexe, Vilamaior e Serra de Cubas (ampliación), no concello de Monforte de Lemos (expediente 6/2019).

Ante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

– Expediente: 6/2019.

– Denominación: Serra de Marexe, Vilamaior e Serra de Cubas (ampliación).

– Comunidade propietaria: veciños/as dos lugares de Marexe e Vilamaior.

– Parroquia: Fiolleda.

– Concello: Monforte de Lemos.

– Superficie: 14 hectáreas.

Na seguinte táboa indícanse dúas zonas coas referencias catastrais das parcelas obxecto de clasificación, así como das estremeiras. O plano que figura no anexo, ao final deste anuncio, facilita a súa localización.

Zona

Parcela obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Zona 1

27031A00600080

27031A00700001

Norte

27008A02600226

Leste

27008A02600222

Sur

27031A00709001

27031A00609016

Oeste

27031A00600097

27031A00600096

27031A00600095

27031A00600092

27031A00600082

27031A00600081

27031A00600079

27031A00600068

Zona 2

27031A01700219

27031A00700076 (parte)

27031A00700090 (parte)

27031A01700220 (parte)

27031A00700099 (parte)

Norte

27031A00700076

Leste

27031A00700077

27031A00700076

27031A00700090

Sur

27031A00700099

27031A01700220

27031A01700221

Oeste

27031A01709007

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 29.10.2019 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, mediante este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

Ábrese un período dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan intervir no expediente e formular as alegacións que coiden oportunas, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen convenientes, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Lugo, 5 de xullo de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO

missing image file