Tentada a notificación, á persoa interesada que se especifica no anexo, da resolución do recurso de alzada da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Así mesmo, ponse en coñecemento da interesada que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.
Vigo, 7 de xullo de 2021
Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº expediente |
DNI/NIE/PAS |
Data da resolución |
33713 |
AV731029 |
11.5.2021 |