Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 21 de xullo de 2021 Páx. 37451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 7 de xullo de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021234AE-PO por infracción en materia sanitaria.

O día 7 de abril de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021234AE-PO, incoado á persoa titular do DNI 54337533X.

Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se lle notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.

De conformidade co artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra esta resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que corresponda, segundo os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo. O prazo para interpoñer este recurso é de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

De optar por presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, conforme prevén os artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, a persoa interesada perdería o dereito á redución que se realizou na tramitación do procedemento sancionador en aplicación do artigo 85.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, por recoñecemento da responsabilidade.

A persoa interesada ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na avenida María Victoria Moreno, número 43-1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 7 de xullo de 2021

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2021234AE-PO.

DNI da persoa denunciada: 54337533X.

Último enderezo coñecido: avenida Manuel Lemos, 23, ático B, 36370, Nigrán.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.