No taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense encóntranse expostas as bases da convocatoria para a cobertura, en comisión de servizos, de 3 postos de inspector de Policía Local do Concello de Ourense.
O prazo de presentación de instancias será, de conformidade coa base terceira, de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Ourense.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no taboleiro de anuncios e na sede electrónica do Concello de Ourense.
Ourense, 14 de xullo de 2021
O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 8.7.2021)
Armando Ojea Bouzo
Concelleiro delegado de Recursos Humanos