Proxecto que se vai desenvolver: Investigación novas tecnoloxías habilitadoras 4.0 en produción sustentable taboleiro.
Modalidade contractual: contrato temporal, a xornada completa, para a realización de proxecto específico de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.
As bases do proceso selectivo están expostas na sede do CESGA (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/).
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web do CESGA.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2021
Mauro Fernández Dabouza
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia