Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36985

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Baiona para desenvolver as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de xuño de 2021, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Baiona por acordo do Pleno na sesión do 6 de maio de 2021 para desenvolver as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

A citada delegación realizarase pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 28 de xuño de 2021

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra