En sesión plenaria ordinaria do 27 de maio de 2021 aprobamos por unanimidade o Plan de prevención e defensa contra os incendios de Oia, realizado en colaboración con Seaga, no cal, entre outras cousas, se delimitan as faixas de protección arredor de núcleos e vivendas.
Exponse ao público durante vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte a aquel en que se publique anuncio no BOP e DOG, durante os cales calquera interesado poderá formular alegacións que serán resoltas polo Pleno para a súa aprobación definitiva.
Oia, 28 de maio de 2021
Cristina Correa Pombal
Alcaldesa