Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36664

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura por libre designación de postos vacantes, xefaturas de servizo, neste concello.

No BOP núm. 109, do día 11 de xuño de 2021, publicáronse as bases reguladoras da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos seguintes postos de traballo:

Xefe/a do Servizo de Facenda e Patrimonio.

Recadador/a.

Xefe/a do Servizo de Recursos Humanos e Emprego.

Xefe/a do Servizo de Contratación.

Xefe/a do Servizo de Benestar Social, Igualdade e Xuventude.

Xefe/a do Servizo de Cultura, Educación, Deportes e Turismo.

Quen desexe tomar parte na dita convocatoria deberá presentar a súa solicitude no prazo de quince días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación no DOG, no lugar e na forma establecidos nas referidas bases.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Ferrol, 11 de xuño de 2021

Ángel Manuel Mato Escalona
Alcalde