Mediante a Resolución do 26 de abril de 2021 (DOG núm. 86, do 7 de maio) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019 (DOG núm. 226, do 27 de novembro).
Vistos os recursos presentados contra a devandita Resolución do 26 de abril,
DISPOÑO:
Incluír na relación definitiva de persoas admitidas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 25 de novembro de 2019, a seguinte persoa:
DNI |
Apelidos e nome |
Motivo da inclusión |
***1408** |
Cidrás Carballal, Regina |
Estimación recurso administrativo |
En consecuencia, a persoa anteriormente indicada exclúese da relación definitiva de participantes excluídos ao dito concurso.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2021
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública