De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 15 de abril de 2021 (DOG núm. 76, do 23 de abril), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamaren ou emendaren o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2021
José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso libre
Apelidos e nome |
NIF |
Motivo da exclusión |
Martínez Rivas, Alejandro |
***0394** |
83 |
Morell González, Pablo María |
***0959** |
84 |
Rodríguez Ameneiro, Marta |
***2410** |
87 |
Cód. |
Causa da exclusión |
83 |
Non cumpre a condición de familia numerosa xeral |
84 |
Non cumpre a condición de familia numerosa especial |
87 |
Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego |