Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 16 de xullo de 2021 Páx. 36626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 21 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 2021/80-1).

Expediente: IN407A 2021/80-1.

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Denominación: repotenciación da LMT aerosubterránea a 20 kV Brea-Brañas Verdes, no lugar de Brea-Brañas Verdes.

Concello: Camariñas.

Características técnicas:

Cambio de condutor no tramo aéreo entre os apoios nº 28 a nº 41 cambiando o condutor LA-30 por 117AL3, así mesmo proxéctase o cambio de todos os apoios actuais por non soportar os esforzos deste novo condutor (2.169 m).

Desmantelamento do tramo de LMTA a der. Brea (IN407A 2013/157-1) entre os actuais apoios nº 40 e nº 43.

Desmantelamento do tramo de LMTS, RBTS e CT Brea (IN407A 2018/44-1) desde a arqueta existente (1) ao apoio nº 43. O apoio nº 43 permanece por formar parte da RBT con orixe no CT Brea.

Tramo soterrado con orixe no apoio nº 41 (da actual liña proxectada) e final na arqueta existente (1) en condutor RHZ1-2OL 3×240 mm² Al.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decebembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38), así como no concello. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 21 de xuño de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña