De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e no uso das atribucións conferidas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir polo procedemento de avaliación colexiada, un posto de xefatura de sección de Cardioloxía na Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés.
Segundo. As retribucións do posto ofertado serán as que correspondan de acordo coa orde anual, pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración Autonómica.
Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse, preferentemente, no Rexistro da Xerencia da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, sito na rúa Loureiro Crespo, nº 2, Pontevedra, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes natural contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Dirección e na intranet da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Pontevedra, 6 de xullo de 2021
José Ramón Gómez Fernández
Xerente Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés