Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36394

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

EXTRACTO da Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares, e se convocan para o curso escolar 2021/22 (códigos de procedemento MR265B e MR265C).

BDNS (Identif.): 574456.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias e destinatarias

Poderán solicitar a axuda os centros escolares que pertenzan aos seguintes niveis de ensino, que teñan a súa sede na Comunidade Autónoma de Galicia e que reúnan os requisitos establecidos nesta resolución:

a) Educación infantil.

b) Educación primaria.

c) Educación secundaria, que comprenderá a educación secundaria obrigatoria, o bacharelato e a formación profesional de grao medio.

Será destinatario final da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros ou establecementos escolares, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que pertenza aos niveis de ensino citados no punto anterior.

Segundo. Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a tramitación e concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e a convocatoria das axudas para o curso escolar 2021/22.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 5 de xullo de 2021 pola que se regula o procedemento para a concesión das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares e se convocan para o curso escolar 2021/22 (códigos de procedemento MR265B e MR265C).

Cuarto. Importe

O importe máximo aplicable ao produto é o establecido no anexo I da resolución.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes de autorización e axuda

O prazo de presentación será ata o 20 de setembro de 2021 (incluído).

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria