Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2021/37-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: recuamento LMT VLG805 en Reboredo e A Lanzada.

Situación: O Grove.

Características técnicas:

LMT aérea a 20 kV:

• 133 metros; condutor LA-110; orixe apoio existente C-1000/14 (9NIBD0GI); final apoio proxectado C-3000/14.

• 60 metros; condutor LA-56; orixe apoio proxectado C-3000/14; final apoio existente 9NF0D5NV//D4-B13-1.

• Tetensado de tres vans aéreos, de 110, 40 e 54 metros.

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 278 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo (PAS) no apoio proxectado C-2000/14 e final no PAS no apoio proxectado C-2000/12.

A instalación está situada nos lugares de Reboredo e A Lanzada, municipio do Grove.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 12 de marzo de 2021, no BOP do 4 de marzo, no xornal Faro de Vigo do 3 de marzo, no BOE do 15 de marzo e no taboleiro de anuncios do concello do Grove. Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG nº 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme ao establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 24 de xuño de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra