Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 15 de xullo de 2021 Páx. 36148

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

EXTRACTO da Resolución do 5 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a participación no programa Reencontros co Xacobeo (código de procedemento PR926E).

BDNS (Identif.): 574206.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade en calquera das categorías que figuran na Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

Non poderán ser beneficiarias as entidades nas cales concorra algunha das prohibicións establecidas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Reencontros co Xacobeo para o ano 2021. A finalidade deste programa é promover que persoas maiores vinculadas ás entidades galegas do exterior fomenten os lazos con Galicia e coa súa cultura a través do Camiño de Santiago (código de procedemento PR926E).

2. Así mesmo, é obxecto desta resolución proceder á convocatoria destas axudas para o ano 2021.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 5 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a participación no programa Reencontros co Xacobeo (código de procedemento PR926E).

Cuarto. Importe

As axudas do presente programa teñen a consideración de axudas en especie e, consecuentemente, non supoñen contabilización do gasto. Os servizos que se prestan ás persoas participantes neste programa serán obxecto de licitación de acordo coa normativa de contratos do sector público.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2021

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración