Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Mércores, 14 de xullo de 2021 Páx. 36085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con propiedades particulares do monte veciñal en man común Callós, Lameiras, Veiga da Torre, Panda, Sendeño e O Cristo da Portapena, na parroquia de San Pataleón de Cabanas, no concello de Ourol (Lugo) (expediente 1DES_2021).

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáselle publicidade á proposta de deslindamento do monte veciñal en man común (MVMC) Callós, Lameiras, Veiga da Torre, Panda, Sendeño e O Cristo da Portapena con propiedades particulares, presentada pola Comunidade de San Pantaleón de Cabanas o 15.1.2021 (con mellora da documentación o 18.5.2021).

Con data do 15.6.2021, o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC.

Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios afectados.

Durante este prazo a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da proposta. Os interesados deberán pedir cita previa para consultar a documentación nos teléfonos 982 88 92 56 ou 982 29 45 32.

Lugo, 25 de xuño de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo