Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vedra (expediente-e IN407A 2019/250-1).

Expediente-e: IN407A 2019/250-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: modificación 1 e anexo 1 ao proxecto de LMT, CT e RBT San Miguel de Sarandón.

Concello: Vedra.

Feitos:

1. O día 23.12.2019, Juan José Coiradas Sambade, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT San Miguel de Sarandón, coa finalidade de mellorar as instalacións de distribución de enerxía eléctrica no lugar de San Miguel de Sarandón, no concello de Vedra.

2. O día 11.1.2021, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto de execución denominado modificación 1 do proxecto LMT, CT e RBT San Miguel de Sarandón, co fin de reflectir as modificacións respecto ao proxecto orixinal, ao chegar a acordo parcial co propietario de parcela 1.

3. O día 4.3.2021, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado anexo1 da modificación 1 do proxecto LMT, CT e RBT San Miguel de Sarandón, ao chegar a acordo co propietario de parcela 1.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

1. Proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT San Miguel de Sarandón, asinado por Pedro Tizón Barro, enxeñeiro técnico industrial, nº colexiado 3270 da Coruña, con nº de visado 3794/19-CO do 28.11.2019.

2. Proxecto de execución denominado Modificación 1 do proxecto LMT, CT e RBT San Miguel de Sarandón, asinado por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 1534 de Galicia, con nº de visado declaración responsable do 23.12.2020.

3. Proxecto de execución denominado anexo 1 a modificación 1 do proxecto LMT, CT e RBT San Miguel de Sarandón, asinado por David Núñez Fernández, enxeñeiro industrial, nº de colexiado 1534 de Galicia, con declaración responsable do 25.2.2021.

2. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, Concello de Vedra e AESA. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

3. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe teritorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación aplicable neste expediente é a que deseguido se relaciona:

a) Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Retensamento liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 310 m, con orixe no apoio 68-8 existente da LMT. PAI802, onde se realiza a derivación ao CT San Pedro de Sarandón (expediente 2016/1320-1), condutor tipo LA-56 mm² Al, e final no apoio 68-11 existente da LMT. PAI802 no tramo entre a derivada ao CT San Pedro de Sarandón (expediente 2016/1320-1) e a derivada ao CT Sarandón.

– Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

– Liña de media tensión subterránea, cunha lonxitude de 34 m, con orixe no paso de áereo a subterráneo que se vai realizar no apoio nº 68-10 proxectado, que substitúe o existente da LMTA. PAI802, no tramo entre a derivada ao CT San Pedro de Sarandón (expediente 2016/1320-1) e a derivada ao CT Sarandón, condutores tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×150 mm² Al, e final no novo CT San Miguel de Sarandón proxectado.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de xuño de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña