Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de xuño de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se publica a resolución do recurso de reposición contra a revisión do esbozo do monte Guimarei, do concello de Baralla (expediente 65/77).

Na sesión celebrada polo Xurado Provincial o día 2.6.2021 figura o seguinte acordo:

Monte de Guimarei (expediente 65/77), pertencente aos veciños da parroquia de Guimarei, no concello de Baralla.

O 14.10.2020 tivo entrada un recurso de reposición, presentado pola comunidade de Guimarei, contra o acordo do Xurado do 27.7.2020 de revisión de esbozo do monte veciñal. En síntese, manifesta non estar de acordo co novo esbozo por non respectar fielmente a proposta solicitada pola comunidade, dado que segue incluíndo cinco parcelas de propiedade particular.

Examinado o dito recurso, presentado fóra do prazo concedido, o Xurado, por unanimidade, acorda non admitilo, de conformidade cos fundamentos que se recollen na correspondente resolución.

Contra esta resolución, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 24 de xuño de 2021

Mª Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Lugo