Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 13 de xullo de 2021 Páx. 35816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 31 de maio de 2021, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a utilización de varios departamentos (tipo L, tipo D e tipo E), preferentemente para o seu uso como almacén de aparellos de pesca, no dominio público portuario de Ribeira.

Ao quedaren dispoñibles no porto de Ribeira varios departamentos, tipo L, tipo D e tipo E, preferentemente para o seu uso como almacén de aparellos de pesca, ábrese unha convocatoria pública para a súa adxudicación. Os interesados poderán presentar as súas solicitudes, no prazo de vinte (20) días hábiles, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o procedemento IF500B, achegando a documentación indicada no dito procedemento. Finalizado este prazo, adxudicaranse os departamentos coas solicitudes presentadas ata esa data.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar as súas solicitudes de conformidade co procedemento IF500B, publicado na sede electrónica da Xunta de Galicia e polo prego de bases e de condicións específico da convocatoria, o cal está á disposición dos interesados na páxina web de Portos de Galicia www.portosdegalicia.com

O prazo para a presentación de solicitudes comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e quedará aberto.

Ábrese, así mesmo, un prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas relativas a esta convocatoria.

A Coruña, 31 de maio de 2021

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro