De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto).
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 1 de setembro de 2008 (DOG núm. 190, do 1 de outubro). O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2021
O director de Portos de Galicia
P.S. (Orde do 27.5. 2021 pola que se dispón a suplencia da persoa titular da Dirección da EPE Portos de Galicia publicado no DOG núm. 102, do 2 de xuño)
Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI/CIF Denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Importe da sanción |
Sanc. 12-21-21-02 C-2868-AZ Gardapeiraos |
79324871X |
Condución temeraria 19.1.2021; 16.15 horas Laxe (A Coruña) |
Art.131.a), e) e p) da Lei 6/2017 de portos de Galicia (LPG) en relación cos artigos 14, 75, 77.14 e 78.33 do Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado por orde Ministerial do 12 de xuño de 1976 |
Art. 137 da LPG |
300 € |