Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 12 de xullo de 2021 Páx. 35373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle para a determinación da consolidación pola edificación dun tramo da fachada marítima do Paseo de Silgar de Sanxenxo, tramitado por instancia da Comunidade de Propietarios do Edificio Valle-Inclán (expediente U-203/16).

A Corporación Municipal en Pleno do Concello de Sanxenxo, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de maio de 2021, acordou, por maioría absoluta dos membros de dereito da Corporación presentes, aprobar definitivamente o estudo de detalle para a determinación da consolidación pola edificación dun tramo da fachada marítima no Paseo de Silgar, entre a rúa Fuensanta Rodríguez e a rúa Vigo, promovido pola Comunidade de Propietarios do Edificio Valle-Inclán.

O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://sede.sanxenxo.es/public/bulletin/bulletin-index.xhtml).

Sanxenxo, 3 de xuño de 2021

Telmo Martín González
Alcalde presidente