Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 12 de xullo de 2021 Páx. 35372

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial (expediente FG 670).

Mediante Resolución da Alcaldía número 2021003085, do 21 de xuño de 2021, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle das parcelas nº 219, 218 e 205 da avenida Rosalía de Castro, e da parcela nº 2 da rúa Tras do Río (Documento R.E. nº 2021009667, do 4 de xuño de 2021).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 5 de xullo de 2021

Ángel García Seoane
Alcalde